ESA nivel II
in
Requerimentos
Os requisitos para cursar a Educación Secundaria de Adultos no nivel II son:
- Ter 18 anos ou cumprilos no ano natural no que realizan a matrícula
Poderán matricularse menores de idade que sexan autorizados pola dirección do centro, cando acrediten suficiente e documentalmente algunha das seguintes circunstancias:
- Non poder asistir regularmente a un centro ordinario na modalidade presencial por enfermidade ou discapacidade física.
- Estar interno nunha institución penitenciaria ou en réxime pechado nun centro de reeducación de menores baixo a custodia da Vicepresidencia da Igualdade e Benestar.
- O alumnado que acredite cursar ou ter cursado un programa de garantía social.
- Desempeñar unha actividade laboral xustificada con documentación fidedigna da empresa e a alta na seguridade social, ou acreditar o compromiso para realizar un contrato en prácticas nunha empresa.
- Cando concorran outras circunstancias de carácter extraordinario distintas das sinaladas anteriormente, a Delegación Provincial que corresponda poderá autorizar cursalas tralo informe favorable do Servicio de Inspección Educativa.
Táboa de equivalencias entre EXB, ESO e Educación Secundaria para Adultos
| Sistema educativo Lei 1970 | Educación Secundaria Obrigatoria | Educación secundaria para persoas adultas |
|---|---|---|
| 7º da Educación Xeral Básica | 1º da Educación Secundaria Obrigatoria | Módulo I, Nivel II |
| 8º de Educación Xeral Básica e título de graduado escolar ou certificado de escolaridade | Segundo curso da educación secundaria obrigatoria | Módulo II, Nivel II |
| Primeiro curso de bacharelato unificado e polivalente con dúas materias pendentes, como máximo, ou primeiro curso de formación profesional de primeiro grao | Terceiro curso da educación secundaria obrigatoria | Módulo III, Nivel II |
| Segundo curso de bacharelato unificado e polivalente ou segundo curso de formación profesional de primeiro grao e título de técnico auxiliar | Cuarto curso de educación secundaria obrigatoria. Título de graduado en educación secundaria | Módulo IV, Nivel II. Título de graduado en educación secundaria |







