Obradoiro da Igualdade

A Deputación de A Coruña Convocatoria aberta actividades fomento da igualdade

Área de Igualdade da Deputación convocamos unha serie de actividades co gallo da conmemoración do 8 de marzo "Día das Mulleres Traballadoras" para o fomento da igualdade de xénero. 

As actividades convocadas para fomentar a igualdade de xénero son:
 
I MURAL DAS MULLERES DA PROVINCIA DA CORUÑA:
Se es muller, maior de idade e resides na provincia da Coruña, anímate e participa enviando a túa foto (tipo carné ou retrato) a igualdade@dicoruna.es ou ben por correo á Deputación Provincial da Coruña. Entre todas construiremos o I MURAL DAS MULLERES DA PROVINCIA DA CORUÑA e expoñerémolo na web da Deputación (lembra indicar nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono de contacto).
 
I CONCURSO VIÑETAS CÓMIC “A MEDIAS”:
Se tes entre 12 e 18 anos, participa no I CONCURSO VIÑETAS CÓMIC “A MEDIAS”. A persoa gañadora recibirá como premio un ordenador portatil e unha colección de cómics. As temáticas dos traballos que podes presentar son: o reparto das responsabilidades familiares e das tarefas domésticas, a conciliación da vida familiar, persoal e laboral e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no emprego.
 
O prazo de participación remata o 8 de maio de 2010.
 
Aquí podedes consultar as bases de participación.