Multilingual Screencasts
2009 - Multilingual Screencasts
Multilingual screencasts é un proxecto realizado para eTwinning (que forma parte de Comenius, o programa da UE para o ensino escolar) por alumnos e profesores dos centros IES San Clemente, de Santiago de Compostela (Galiza, España) e Escola Profissional do Minho, de Braga e Viana (Portugal).
O obxectivo inicial, do ciclo de FP Informática Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas do IES San Clemente, era aprender a gravar un screencast sobre programación en Java NetBeans. Porén, a procura de información sobre vídeo-titoriais en internet, revelou que os screencasts publicados, por exemplo no website de NetBeans, están narrados nun único idioma.
No buscador de socios de eTwinning propúxose a tradución e dobraxe do screencast a outras linguas. A Escola Profissional do Minho aceptou realizar a versión en portugués. Así, o resultado final é un screencast gravado en galego, español e portugués.
Participaron os alumnos de 2º DAI do IES San Clemente: Carmen Mérida, José Estévez, Gervasio Mouro, ÁlexVieites, Juan Pérez, Pablo Martínez e Félix Carrasco. Profesor: Marcos Vence Ruibal.
Máis información (en español) nas seguintes ligazóns:
- Presentación
- Pasos para traducir un screencast
- Progreso del proyecto / Participantes
- Descarga de screencasts
- Conclusiones
- Delay Camtasia Captions (ES / EN)
- Premios








