Matricúlate no IES San Clemente

Ciclos formativos

Antes da matricula debe consultar a oferta educativa onde atopará os requisitos tanto de idade como académicos que debe reunir

Este é o calendario do procedemento de admisión do alumnado aos ciclos formativos de grao medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas:

Período ordinario

  • Presentación de solicitudes de admisión: 17 de xuño - 2 de xullo
  • Relación provisional de solicitantes: 7 de xullo
  • Reclamacións: 7 - 13 xullo (ata as 13:00 h.)
  • Relación definitiva de solicitantes: 19 de xullo
  • 1ª relación de admitidos: 20 de xullo
  • Prazo de matrícula: 20 - 23 de xullo (ata as 13:00 h.)
  • 2ª relación de admitidos: 27 de xullo
  • Prazo de matrícula: 27 - 30 de xullo (ata as 13:00 h.)

Período extraordinario

  • Presentación de solicitudes de admisión: 1-13 de setembro
  • Relación provisional de solicitantes: 15 de setembro
  • Reclamacións: 15 - 17 de setembro (ata as 13:00 h.)
  • Relación definitiva de solicitantes: 21 de setembro
  • 1ª relación de admitidos: 21 de setembro
  • Prazo de matrícula: 21-24 de setembro (ata as 13:00 h.)
  • 2 ª relación de admitidos: 28 de setembro
  • Prazo de matrícula: 28 de setembro a 1 de outubro (ata as 13:00 h.)

Moi importante

  • O alumnado admitido deberase matricular ou ben renunciar en cada ciclo no Centro en que fose adxudicado, segundo os anexos VII e VIII de Orde do 5 de xuño de 2007.
  • O feito de renunciar á adxudicación dunha praza, é condición indispensable para quedar en lista de espera das opcións de maior preferencia.
  • As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado, perderán o dereito a súa praza e, nese caso, procederase a súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.

Documentación requerida

  • Fotocopia do DNI compulsada
  • Ceritificación académica

O alumnado terá que solicitar a certificación académica no Centro onde cursara os estudos (que lle dan o acceso ó ciclo)

Validacións de Módulos Profesionais

  • Debido aos cambios na normativa, consultar no Centro

Exención do módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT)

O módulo profesional de FCT é susceptible de exención pola súa correspondencia coa práctica laboral.

  • A solicitude requirirá a matrícula previa do alumno nun centro docente autorizado para impartir estas ensinanzas
  • A solicitude presentarase na secretaría do centro mediante o modelo de instancia que tes a túa disposición na conserxería, dentro dos corenta e cinco cías contados desde o comezo das clases
  • O Titor ou Titora deberá emitir informe sobre a solicitude de exención do módulo de FCT no referente á idoneidade das actividades desenvolvidas, contrastando a documentación presentada pola persoa solicitante coas capacidades terminais que se deben acadar en cada caso. Para elaborar o informe reunirá a información precisa do profesora que forma parte do equipo docente
  • Sobre a exención do módulo de FCT resolverá a dirección do centro
  • Débese acreditar unha experiencia laboral de doce meses relacionada cos estudos profesionais que permita demostra-las capacidades terminais correspondentes ós módulos profesionais de FCT dos reais decretos polos que se establecen os títulos de formación profesional específica, e achegar a documentación seguinte:
    • Certificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social e/ou mutualidade laboral á que se estivese afiliado, na que conste a emrpesa, a categoría laboral (grupo de cotización) e o período de contratación ou, de se-lo caso, o período de cotización en réxime especial de traballadores autónomos ou de calquera outro medio de proba admitido en dereito.
    • Certificación da empresa na que se indique específicamente a duración do contrato, as actividades desenvolvidas e o perítodo de tempo no que se realizaron estas actividades. No caso de traballadores por conta propia, certificación de alta no Imposto de Actividades Económicas e xustificante de pagamento do dito imposto

Modelo de Certificación da empresa