Matricúlate no IES San Clemente

ESA nivel II

Antes da matricula debe consultar a oferta educativa onde atopará os requisitos tanto de idade como académicos que debe reunir

O prazo de matrícula é dende o 10 de setembro ata o 30 de outubro.

  • Para o alumnado, que por motivos laborais, necesite xustificación de estar cursando ensinanzas básicas para persoas adultas, con posterioridade a data de matrícula establecida, o centro educativo poderá realizala reserva de matrícula ata a apertura no novo prazo no curso seguinte
  • Para o alumnado de nova incorporación que non acredite estudos, na primeira semana de outubro e na segunda semana de febreiro realizaranse, baixo a supervisión da Inspección Educativa as probas de avaliación inicial
  • O alumnado deberá posuír o material didáctico específico destas ensinanzas recomendado polo centro e, aqueles que non o posúan deberán comprometerse á súa adquisición
  • O alumnado de educación secundaria a distancia poderá matricularse de ata un máximo de catro módulos encadrados nos ámbitos de coñecemento, e será requisito indespensable, dentro de cada ámbito, obter avaliación positiva do módulo anterior para poder ser avaliado do seguinte
  • O alumnado matriculado en educación a distancia será considerado para todos os efectos alumnado oficial do centro, polo que terá dereito á utilización dos seus servizos e das súas instalacións