Programas Europeos

Letras Galegas 2011 – Lois Pereiro

Letras Galegas 2011 - Lois Pereiro

Google translator

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou, como cada ano, varios concursos co obxectivo de estimular a creación artística en galego.

No 2011 as profesoras Josefina Taboada Adán e Nieves Fontela López abriron o novo concurso de marcapáxinas á participación de todos os centros europeos, por medio da plataforma eTwinning.

Nestes primeiros pasos do que promete ser unha cita anual interesante, participaron tres centros ademais do IES San Clemente: Gimnazjum nr3w Lublinie de Lublin (Polonia), IES Rey Don García de Nájera e IES Praia Barraña de Boiro.

Os traballos presentados polos alumnos superaron as espectativas iniciais en canto a calidade e cantidade.