Departamento de Informática

Tablet de apple

Circulan moitos rumores sobre o novo tablet de apple, que funcionaría como un centro multimedia onde ver revistas, periódicos, libros, libros de texto, música, xogos e video. O dispositivo contaría cunha pantalla de 10 pulgadas e incorporaría tecnoloxía 3G, dispoñendo ademais dun teclado virtual.

Será un “gadget” para usar
na casa ou na aula. Parece claro que o dispositivo foi deseñado
para ser compartido por todos os membros da familia, en tarefas como
ler as novas ou comprobar o correo eletrónico. Apple adicou moitos
recursos para que o dispositivo sexa moi intuitivo de compartir,
incluíndo a idea das notas virtuais que uns membros da familia
deixarían para outros. Aparte disporía dunha cámara integrada que
recoñecería quen o está usando en cada momento.

Apple negociou con grandes editores de
revistas, libros e periódicos, con cadeas de televisión e con
grandes empresas de videoxogos para incorporar os seus contidos ao
seu novo tablet. O que non está claro é o método de pagamento por
estes contidos, aínda que os rumores apuntan a un sistema moi
similar ao xa empregado no iTunes coa música.

Coma sempre, Apple creou grandes
expectativas co seu novo produto que será anunciado oficialmente o
mércores 27 de xaneiro, tendo prevista a súa comercialización para
esta primavera. O seu éxito dependerá do seu prezo, o que algúns
cren que podería rondar os 1.000 dolares.