Departamento de Informática

Pacientes axudando a outros pacientes a vivir mellor cada día

Esta é a historia de como un irmán inspirou a un enxeñeiro para construír unha web que medrou para axudar e transformar as vidas de moitos pacientes arredor do mundo

Inspirado polo seu irmán, que foi
diagnosticado de A.L.S. (Siglas en inglés para Esclerose Lateral
Amiotrófica), Jamie Heywood, un enxeñeiro mecánico formado no MIT,
construíu unha web chamada “Patients Like Me” (Pacientes coma
min) que utiliza o poder de compartir información colectiva para
crear un impacto tal.

Comezando como un sitio para compartir
historias de enfermidades, medicación e tratamentos, Jamie dinos a
historia de como “Patients Like Me” medrou
tanto, co poder de axudar, explicar e predicir o progreso dunha
enfermidade baseado nos diferentes tratamentos e medicacións, e
incluso contribuíndo e potencialmente acelerando a investigación
médica. A mellor parte da web? Toda información dispoñible para
todos os usuarios.” Tradución de http://tech.ashoka.org/

Aquí podemos ver unha presentación do seu creador en TED, aínda que está en inglés existe a opción de poñer subtítulos en español.

http://www.ted.com/talks/lang/eng/jamie_heywood_the_big_idea_my_brother_...

A peor parte da web? Está exclusivamente en inglés.