Departamento de Informática

Está o mundo listo para o sucesor do MP3?

Unha compañía líder en tecnoloxía
está lista para lanzar un novo formato dixital para os ficheiros
musicais que incorporará letras, novas e imaxes e que podería
converterse no sucesor dos ubicuos ficheiros MP3.

A industria musical,
duramente golpeada pola piratería nesta última década, está
buscando desenvolver novas opcións que convenzan á xente a comprar
música legalmente en lugar de descargala ilegalmente.

A nova proposta, chamada
MusicDNA, e apoiada polo creador do formato MP3, permitirá descargar
ficheiros MP3 ao computador xunto con contido adicional.

Discográficas, grupos ou
distribuidoras tamén poderían enviar actualizacións dos ficheiros
cada vez que estean dispoñibles; cousas como xiras, entrevistas ou
actualizacións en páxinas de redes sociais.

O usuario recibirá tanta
información como desexe cada vez que estea online. Sen embargo se o
ficheiro foi descargado ilegalmente estás actualizacións non se
producirán.

BACH Technology, o grupo
detrás do formato MusicDNA, di que busca asociarse con
distribuidoras, discográficas, posuidores de copyrights e compañías
tecnolóxicas, estando disposto a proporcionar a súa tecnoloxía a
calquera que quixese utilizala, aínda que sempre baixo a súa marca.
BACH está baseada en Noruega, Alemaña e China e está asociada co
Instituto Alemán de Tecnoloxía de Medios Dixitais Fraunhofer.

“Estamos tendo moi boa
acollida, e o feito de que busquemos incluír a todo o mundo, e
non competindo con eles axuda”, manifestou a Reuters Stefan
Kohlmeyer o seu director xeral.

Os ficheiros musicais
poderían executarse en calquera reprodutor MP3, incluíndo os iPods
de Apple. O reprodutor ou a biblioteca musical poderían tamén
adaptarse ás necesidades do usuario integrandose, por exemplo, en
diversas redes sociais.

Kohlmeyer asegura que o
servizo devolverá os tempos nos que a xente gozaba mirando as letras
e as cubertas dos álbums case tanto como escoitando a propia música.

“O que estamos poñendo a disposición do usuario é unha experiencia musical emocionalmente completa”
manifestou Kohlmeyer “Pensamos que iso se perdeu coa transición  á era dixital. Cremos que unha peza musical fermosa foi reducida a un
código e queremos enriquecer iso”.

BACH, conta co inventor
do formato MP3 e o director xeral de Sony entre os seu investidores,
e tamén se espera que se desenvolvan novas aplicacións e contidos
para os reprodutores MusicDNA.

Unha versión beta do
ficheiro estará dispoñible en primavera e a primeira versión
comercial está prevista para o verán. Tamén se espera unha versión
móbil do reprodutor.

BACH asinou colaboracións
cun gran número de compañías e está en negociacións coas
principais discográficas.

Rob Wells, vicepresidente
de Dixital, UMGI (Universal Music Group International), asegurou a
Reuters que a nova oferta é atractiva e Universal posiblemente
traballará con BACH, aínda que son precisas máis negociacións.

“Creo que a industria
da música ten unha grande oportunidade para abrir novas vías de
negocio”, di Kohlmeyer. “No pasado non se contemplaron todos os
aspectos dos formatos multimedia”.

 

Tradución dun artigo aparecido en Wired.

http://www.wired.com/epicenter/2010/01/is-the-world-ready-for-the-succes...