• ?
  • Rexistro

Proceso de admisión a ciclos formativos. Curso 2014-2015

Para realizar estudos de formación profesional nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso para cada tipo de ensinanzas, participar nun proceso de admisión.

Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.

As ensinanzas de formación profesional conducentes á obtención dos títulos de técnico e de técnico superior están organizados en ciclos formativos de grao medio e de grao superior, respectivamente.

Normativa reguladora do proceso de admisión

Instruccións xerais do proceso de admisión

Calendario de admisión

Existen tres formas de cursar estas ensinanzas:

 

Réxime ordinario

Este réxime está organizado en cursos, normalmente dous, en quendas de mañá e tarde.

A asistencia ás clases é obrigatoria.

O alumnado que estea en condicións de pasar a segundo curso deberá realizar unha solicitude de admisión aínda que terá a praza garantida sempre que sexa no mesmo centro.

O alumnado que teña que repetir o curso terá que realizar unha nova solicitude de admisión, aínda que terá a praza garantida sempre que repita por primeira vez no mesmo centro e ciclo.

 

Réxime para as persoas adultas na modalidade presencial

Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.

A xornada lectiva desenvólvese polo xeral en quenda de tarde-noite.

A asistencia ás clases é obrigatoria.

Nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo.

Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.

Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Aínda que a praza non está garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión.

 

Réxime para as persoas adultas na modalidade semipresencial ou a distancia

Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.

A asistencia ás titorías e outros eventos formativos presenciais é recomendable, pero non obrigatoria. Para a realización das actividades a distancia seguiranse as instrucións do titor do curso.

Nos módulos de ciclos da LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir os requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo.

Para a obtención do título será preciso cumprir os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.

Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Aínda que a praza non está garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión.

Para consultar máis información de FP a distancia

 

 


Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa de admisión).