• ?
  • Rexistro

Pek viaxa a Budapest (2)

O proxecto do IES San Clemente Pek, the Traveller Flea #1 gañou un premio na competición nacional eTwinning 2011.

O día 30 de marzo de 2011, o profesor Marcos Vence Ruibal recolleu o premio na sede do Instituto de Tecnoloxías Educativas, en Madrid.

A continuación celebrouse a conferencia anual eTwinning 2011 en Budapest, que serviu, entre outras cousas, para que os socios se coñecesen en persoa, crear novos contactos e dar a coñecer o noso proxecto a outros compañeiros europeos.

Fixéronse dúas presentacións relacionadas con Pek. Na primeira, a profesora cretense Maria Sourgiadaki, explicou o proceso de traballo do proxecto, mentres Marcos deseñaba un cartel coa axuda de varias compañeiras.

Na segunda presentación, Maria explicou os detalles en pequenos grupos e as participantes realizaron varios deseños rápidos: 123

 

Tamén se repartiron marcapáxinas creados para a ocasión:

08 (13) 06 (6) 06 (16) 07 (6) 07 (7) 12 (1) 10 (5)